Leslie Groves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Infotaula de personaLeslie Groves

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Leslie Richard Groves Editar o valor en Wikidata
17 de agosto de 1896 Editar o valor en Wikidata
Albany, Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1970 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 2, grave 3754 38°52′47″N 77°04′23″O / 38.879625, -77.072987 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUnited States Army Command and General Staff College (en) Traducir
United States Army War College (en) Traducir
Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir
Queen Anne High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro militar , oficial do exército Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor en Wikidata - 1948 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial, segunda guerra mundial e Ocupação estadunidense da Nicarágua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0344080 WikiTree: Groves-1139 Find a Grave: 2217 Editar o valor en Wikidata

Leslie Richard Groves Jr., nado en Albany, Nova York o 17 de agosto de 1896 e finado o 13 de xullo de 1970, foi un oficial do Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos que supervisou a construción do Pentágono e dirixiu o Proxecto Manhattan, un proxecto de investigación que desenvolveu a bomba atómica durante a segunda guerra mundial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun capelán do exército, Groves viviu en varios postos militares durante a súa infancia. En 1918 graduouse o cuarto da súa clase na Academia Militar dos Estados Unidos de West Point e foi destinado ó Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos. En 1929 estivo en Nicaragua como parte dunha expedición para realizar unha sondaxe para o canal de Nicaragua. Tralo Terremoto de 1931 en Nicaragua, Groves encargouse do sistema de subministración de auga de Managua, polo que recibiu a Medalla Presidencial ó Mérito de Nicaragua. Asistiu á escola de mandos e xenerais de Fort Leavenworth, Kansas en 1935 e 1936, e á Facultade de Guerra en 1938 e 1939, tral que foi destinado ó Departamento de Guerra. En 1940 pasou a ser asistente especial para a construción, coa tarefa de inspeccionar localizacións de construción e revisar os seus progresos. En atosto de 1941 foi destinado á construción do complexo de oficinas para os 40 000 membros do persoal do Departamento de Guerra que finalmente sería o Pentágono.

En setembro de 1942 fíxose cargo do Proxecto Manhattan, e estivo involucrado na maioría de cuestións relacionadas co desenvolvemento da bomba atómica. Participou na escolla de localizacións para a investigación e produción en Oak Ridge, Tennessee, Los Alamos, Novo México e Hanford, Washington. Dirixiu os traballos de construción, tomou decisións críticas sobre os varios métodos de separación de isótopos, encargouse da adquisición de materia prima, dirixiu as operacións de obtención de información militar sobre o proxecto alemán de enerxía nuclear e axudou na escolla das cidades do Xapón que serían obxectivo de bombardeo. Groves tentou manter a seguridade do Proxecto Manhattan pero non puido evitar que a Unión Soviética levase a cabo un programa de espionaxe que roubou algúns dos segredos máis importantes do proxecto.

Trala guerra Groves mantívose no cargo do proxecto ata que a responsabilidade da produción de armas nucleares pasou a ser da Comixión da Enerxía Atómica en 1947. Pasou entón a liderar o Proxecto de Armamento Especial das Forzas Armadas, creado para controlar os aspectos militares das armas nucleares. Retirouse o 29 de febreiro de 1948, ocupando posteriormente o posto de vicepresidente na compañía Sperry Rand.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]