Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Compton en 1929.
Arthur Holly Compton , nado en Wooster (Ohio ) o 10 de setembro de 1892 e finado en Berkeley (California ) o 15 de marzo de 1962 , foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927 .
Conferencia Solvay de 1927 . Podemos observar a Arhtur Holly Compton o cuarto da segunda fila comezando pola dereita, sentado xusto detrás de Albert Einstein
Compton naceu en Wooster (Ohio ) e estudou no Wooster College e na Universidade de Princeton . En 1923 foi profesor de física na Universidade de Chicago . Durante a súa estancia nesta universidade, Compton dirixiu o laboratorio no que se produciu a primeira reacción nuclear en cadea, o que provocou que tivese un papel relevante no Proxecto Manhattan , a investigación que desenvolveu a primeira bomba atómica .
Desde 1945 ata 1953 Compton foi reitor da Universidade de Washington e logo de 1954 foi catedrático de Filosofía Natural .
Os seus estudos dos raios X leváronlle a descubrir en 1922 o denominado efecto Compton . O efecto Compton é o cambio de lonxitude de onda da radiación electromagnética de alta enerxía ao ser difundida polos electróns . O descubrimento deste efecto confirmou que a radiación electromagnética ten propiedades tanto de onda como de partículas, un principio central da teoría cuántica .
Polo seu descubrimento do efecto Compton e pola súa investigación dos raios cósmicos e da reflexión, a polarización e os espectros dos raios X compartiu o Premio Nobel de Física de 1927 co físico británico Charles Wilson .
Na súa honra, así como no do seu irmán Karl Taylor Compton , bautizouse ao cráter "Compton" da Lúa así como o asteroide "(52337) Compton", descuberto o 2 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel .
1901–1925 1926–1950 1951–1975
1951: Cockcroft , Walton
52: Bloch , Purcell
53: Zernike
54: Born , Bothe
55: Lamb , Kusch
56: Shockley , Bardeen , Brattain
57: Yang , Lee
58: Cherenkov , Frank , Tamm
59: Segrè , Chamberlain
60: Glaser
61: Hofstadter , Mössbauer
62: Landau
63: Wigner , Goeppert-Mayer , Jensen
64: Townes , Basov , Prokhorov
65: Tomonaga , Schwinger , Feynman , 66: Kastler
67: Bethe
68: Alvarez
69: Gell-Mann
70: Alfvén , Néel
71: Gabor
72: Bardeen , Cooper , Schrieffer
73: Esaki , Giaever , Josephson
74: Ryle , Hewish
75: A.Bohr , Mottelson , Rainwater
1976–2000
1976: Richter , Ting
77: Anderson , Mott , van Vleck
78: Kapitsa , Penzias , Wilson
79: Glashow , Salam , Weinberg
80: Cronin , Fitch
81: Bloembergen , Schawlow , Siegbahn
82: Wilson
83: Chandrasekhar , Fowler
84: Carlo Rubbia , van der Meer
85: von Klitzing
86: Ruska , Binnig , Rohrer
87: Bednorz , Müller
88: Lederman , Schwartz , Steinberger
89: Ramsey , Dehmelt , Paul
90: Friedman , Kendall , Taylor
91: de Gennes
92: Charpak
93: Hulse , Taylor
94: Brockhouse , Shull
95: Perl , Reines
96: D. Lee , Osheroff , Richardson
97: Chu , Cohen‑Tannoudji , Phillips
98: Laughlin , Störmer , Tsui
99: 't Hooft , Veltman
2000: Alferov , Kroemer , Kilby
2001–
2001: Cornell , Ketterle , Wieman
02: Davis , Koshiba , Giacconi
03: Abrikosov , Ginzburg , Leggett
04: Gross , Politzer , Wilczek
05: Glauber , Hall , Hänsch
06: Mather , Smoot
07: Grünberg , Fert
08: Kobayashi , Maskawa , Nambu
09: Kao , Boyle , Smith
10: A. Gueim , K. Novosiólov
11: Perlmutter , Riess , Schmidt
12: Haroche , Wineland
13: Englert , Higgs
14: Akasaki , Amano , Nakamura
15: Kajita , McDonald
16: Thouless , Haldane , Kosterlitz
17: Weiss , Barish , Thorne
18: Ashkin , Mourou , Strickland
19: Peebles , Mayor , Queloz
20: Penrose , Genzel , Ghez
Localizacións Administradores Científicos Operacións Armas Temas relacionados