Loris Karius
Loris Karius | |||
---|---|---|---|
Loris Karius en 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Loris Sven Karius[1] | ||
Nacemento | 22 de xuño de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Biberach an der Riß | ||
Altura | 1,89 m.[2] | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Beşiktaş | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2000 | FV Biberach | ||
2000–2001 | SG Mettenberg | ||
2001–2005 | SSV Ulm 1846 | ||
2005–2009 | VfB Stuttgart | ||
2009–2011 | Manchester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2013 | Mainz 05 II | 27 | (0) |
2012–2016 | Mainz 05 | 91 | (0) |
2016– | Liverpool | 29 | (0) |
2018– | → Beşiktaş (cedido) | 45 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 24 de decembro de 2019. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Loris Sven Karius, nado en Biberach an der Riss, Alemaña o 22 de xuño de 1993, é un futbolista alemán que xoga como porteiro. O seu club dende 2018 é o Beşiktaş JK, onde xoga cedido polo Liverpool FC da Premier League.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karius comezou a xogar ó fútbol na SG Mettenberg e uniuse en 2001 ás categorías inferiores do SSV Ulm 1846 Fußball. En xullo de 2005 trasladouse á canteira do VfB Stuttgart. En xullo de 2009 saíu da Sub-17 de VfB e trasladouse a Inglaterra para a Sub-18 do Manchester City Football Club.
Karius xogou o seu primeiro partido con reserva do Manchester City, contra a reserva do Wigan Athletic, o 13 de abril de 2010.
Mainz 05
[editar | editar a fonte]En agosto de 2011 Loris foi cedido polo 1. FSV Mainz 05. o 22 de xaneiro de 2012 Karius foi nomeado por primeira vez no partido do xuvenil, contra o Bayer 04 Leverkusen, pero non entrou ó campo de xogo.
Na tempada 2012/13 foi segundo porteiro despois da perda por lesión de Heinz Müller, detrás de Christian Wetklo. Despois da expulsión de Wetklo o 1 de decembro de 2012, no partido contra o Hannover 96 (2-1) Karius entrou dende o banco no minuto 52 e debutou na portaría do primeiro equipo do Mainz. Nos anos seguintes foi o porteiro titular.
O contrato de Loris con Mainz 05 estendeuse até 2018.
Liverpool F.C.
[editar | editar a fonte]O 24 de maio de 2016, foi presentado como novo reforzo para a portaría do Liverpool Football Club. Foi titular no equipo que xogou a final da Champions League 2018 celebrada en Kíiv, onde encaixou 3 goles na derrota do Liverpool contra o Real Madrid.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O seu debut na selección nacional sub-16 o 16 de setembro nun partido amigable contra Bélxica (5-0). Xogou ademais outros dous partidos. Coa selección sub-17 Karius participou no Torneo de Catro Nacións en 2009, onde xogou contra Serbia (1-0).
Dende entón, Loris xogou partidos nas seleccións sub-18, sub-19 e sub-20.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Premier League, ed. (1 de setembro de 2017). "Squads for 2017/18 Premier League confirmed". Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ Premier League (ed.). "Loris Karius: Overview". Consultado o 6 de xaneiro de 2018.
- ↑ Ian Doyle (27 de maio de 2018). Liverpool Echo, ed. "Liverpool will stand by Loris Karius despite Champions League horror show". Consultado o 27 de maio de 2018.